PRESENTACIÓN

Hola amigos/as:

Saudamos a todos aqueles, que ben de forma intencionada ou por casualidade atopáronos na rede.
O noso Club é moi xoven, tanto pola idade dos nosos patinadores/as como polo inicio da Patinaxe na nosa comarca. O Covelo é un pequeno concello da provincia de Pontevedra cunha extensión de 125 km2.

O club fundouse en setembro de 2004.
O seu primeiro Presidente foi o Sr. D. José Moreira.
Dende setembro de 2008 a súa nova Presidenta é a Sra. Dª Sonia María Gil Castaño.
O club conta con 22 patinadores/as de idades comprendidas entre os cinco e os quince anos, dende a categoría Prebenxamín a Xuvenil.
Un día a semana funcionan as escolas de patinaxe que conta na actualidade con máis de vinte cinco nenos/nenas.
A adestradora do club é a adestradora nacional Dna. Silvia Varela Pena de contrastada profesionalidade con numerosos éxitos.

PALMARÉS DO CLUB:

Estas clasificacións foron obtidas por distintas/os patinadoras/es en distintos anos e categorías, e destacamos as máis importantes, sen mencionar os campionatos galegos, provinciais e outros trofeos que acadaron as/os nosas/os patinadoras/es.
Campionato de Europa 4ª, 5ª , 7ª e 5ª clasificadas anos 2006, 2007 , 2008 e 2009.
Copa de Italia 6ª clasificada ano 2010.
Copa de Europa: 1ª, 3ª, 4ª, 6ª e 6ª clasificadas anos 2005, 2006 e 2007.
Campionato de España: 1ª, 1ª, 1º, 2ª, 2ª, 3ª, 3ª, 4ª, 4ª, anos 2004, 2005, 2006, 2007 , 2008 e 2009.
Campionato de España 2010: 5ª(cat. xuvenil), 9ª F.O. e 13ª L. (cat cadete) e 12ª, 14ª e 24ª (cat. alevín).
Copa de España 3ª clasificada ano 2009.

ORGANIZACIÓN DE CAMPIONATOS:

Queremos destacar a organización de distintos campionatos, con éxito de público e deportivo: LXV Campionato de España categoría alevín 2010, LX Campionato de España categoría Infantil 2005, XVI Campionato de España categoría Cadete 2008.
Campionato Galego categorías Alevín, Infantil e xuvenil 2007.
1º Trofeo Internacional " Cruceiro de Covelo" 2009.
Outros campionatos que para non ser demasiado extenso deixamos de mencionar.

OUTRAS ACTIVIDADES:

Escola de patinaxe os mércores pola tarde.

Escola de patinaxe para adultos, os xoves ás 19:30 horas.